lunes, 20 de diciembre de 2010

Días de verán

zapatos turquesa 

Fora chove
e lembramos os días de verán
xogando na praia

domingo, 19 de diciembre de 2010

Manifestación bloguera por el derecho a educar en casa sin escolarizar


Si estás a favor de la educación en casa y quieres unirte a esta iniciativa sea cual sea la temática de tu blog, coloca una entrada con esta foto y haz correr la voz. Porque el homeschooling es otra opción educativa.


Parece mentira. Estamos en pleno século XXI, e supoñía que nun país avanzado e de amplas miras. Pero vese que non. Que camiñamos cara atrás. Que a cuestión é prohibir e censurar a tódolos que non entren no sistema.

Non é bo que alguén considere que o que nos venden dende a Sanidade Pública é o correcto. No momento que nos saltamos as súas normas e decidimos parir doutro xeito, aménzannos coa vida dos nosos fillos. Despois resulta que o conto sae ben, e non teñen argumentos. Ou din que foi cousa da sorte sorte...

Os  bebés van medrando, e tamén nos cuestionamos que a educación  estipulada  non vai con nos. Queremos que os nosos fillos sexan libres. Tan libres como eles queiran. E iso non está ben. Porque alguén libre e coas súas necesidades cubertas, non precisa entrar na roda consumista que nos atrapa. Por iso non interesa esta opción educativa. Porque garantirlles unha mellor calidade no ensino non importa, só importa que estean sometidos.

Dinnos como parir, como alimentalos, como teñen que durmir, e por suposto a educación. Os fillos son deles, ou iso parece...  Ata que alguén lles leva a contra. E niso estamos!  


"Espírito de contradición", iso me chamaba miña avoa... Parece que a estivera escoitando agora... :) Que pouco te trabucaches!

P.D.: O tema é este:


El Constitucional excluye la educación de los hijos en el domicilio familiar sin escolarización
"Los padres (...) Argumentaron además que la educación que daban a los menores era mejor que la que se impartía en los colegios públicos con 30 o 40 alumnos por clase y que los profesionales de los servicios sociales no habían detectado problemas socio familiares.El juzgado ordenó que los niños en edad escolar de entre 6 y 16 años fueran escolarizados y sin entrar a valorar la calidad de la enseñanza que estaban recibiendo."


lunes, 6 de diciembre de 2010

Decembro chegou

Xa comezou decembro. As luces brillan nas rúas e os escaparates locen as súas mellores galas.

Nos volvemos a facer as maletas:
¡¡marchamos para o Mediterráneo!! Cun pé aquí e outro alí; cos trastos polo medio, e un rebumbio que tolea a calquera vou poñer un pouco de orde nisto do Nadal.

Nadal tan diferente a tódolos anteriores:
É o primeiro que somos 4. O primeiro no que M "entende" o que pasa e énchese de ilusión. O primeiro que pasaremos lonxe da terra e da nosa xente. Pero así e todo estou moi ilusionada, como cando era pequena. Os cativos teñen ese regalo para nos, devolvernos as alegrías e facer desaparecer as penas.


* Facer calendario de advento: Enchelo con cousas para facer xuntos.


calendario de adviento
 (Máis e mellores fotos na próxima entrada ;))

* Facer galletas de xenxibre, como estas que atopei aquí.

* Enfeitar a arbore, e facer algúns enfeites nos mesmos.

* Recuperar receitas antigas. Facernos con outras novas.

* Este ano, o Roscón de Reis amasarémolo nos. 

*.... (Continuará)



¡FELIZ MES DE DECEMBRO!