martes, 26 de mayo de 2009

X ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL de CARBOEIRO


X ENCONTROS DE MÚSICA TRADICIONAL
6 DE XUÑO DE 2009 NO MOSTEIRO DE CARBOEIRO (SILLEDA)


13.00. SESIÓN VERMÚ a cargo dos grupos da bisbarra
·Subasta das andas e PROCESIÓN SA DANTA FERREÑA (acompañada polos cabezudos de Viravolta)

-APERTURA DAS EXPOSICIÓNS:
·BRINQUEDOS DE SEMPRE
ASOC GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
MUSEO GALEGO DO XOGUETE (ALLARIZ)
FUNDACIÓN RAQUEL CHAVES (VIGO)
TEMPO DE XOGAR (LOURENZÁ)
JULIO BALADO (LALÍN)
LUIS PREGO (VIGO)
MUSEO DA MARIONETA, CASA DO TÍTERE (LALÍN)

·ANTÓN ALONSO RIOS. O SIÑOR AFRANIO
COMISIÓN POLA MEMORIA SIÑOR AFRANIO
ADELLÍS ASOC. SOCIO-CULTURAL

-FEIRA DE ARTESANÍA:
coiro, prata, abalorios, cerámica, títeres...

15:00- XANTAR POPULAR (empanada, carne ó caldeiro, queixo con marmelo, pan, viño/auga, café e ghotas -12€)

DURANTE A TARDE:
·XOGOS TRADICIONAIS PARA CATIVOS/AS E MAIORES COA ASOC. GALEGA DE XOGO TRADICIONAL E POPULAR
·BOTA CONTAS PERO BOTA CONTOS con Celsiño Fndez. Sanmartín
· Grupo da 3ª Idade da aula municipal de teatro “ANXO CASAL” de Arzúa coa obra "A AVOA VAI Ó BAILE"

VEÑEN XENTES DE TOUTÓN, ZOBRA, SANTA COMBA, ARZÚA, O CAPADOR…


E ó que se vaia facendo de noite…

FOLIADA ATA QUE O CORPO AGhUANTE!


ACAMPADA Á BEIRA DO RÍO DEZA
TELF INFO: 658 62 82 39

VIVA A XUVENTUDE E A XENTE VELLA QUE NON MORRA!!

miércoles, 20 de mayo de 2009

17 de maio tardío

O domigo foi o día das Letras Galegas. Para pensar na terra e nas verbas. Ao lonxe e con morriña.





Lingua proletaria do meu pobo
eu faloa porque si, porque me gusta
porque me peta e quero e dame a gana
porque me sae de dentro, alá do fondo
dunha tristura aceda que me abrangue
ó ver tantos patufos desleigados,
pequenos mequetrefes sen raíces
que ó pór a garabata xa non saben
afirmarse no amor dos devanceiros,
fala-la fala nai,
a fala dos abós que temos mortos,
e ser, co rostro erguido,
mariñeiros, labregos da linguaxe,
remo e arado, proa e rella sempre.
Eu faloa porque si, porque me gusta
e quero estar cos meus, coa xente que sufren longo
unha historia contada noutra lingua.
Non falo prós soberbios,
non falo prós ruíns e poderosos,
non falo prós finchados,
non falo prós estupidos,
non falo prós valeiros,
que falo prós que aguantan rexamente
mentiras e inxusticias de cotío;
prós que súan e choran
un pranto cotián de volvoretas,
de lume e vento sobre os ollos núos.
Eu non podo arredar as miñas verbas de
tódolos que sufren neste mundo.
E ti vives no mundo, terra miña,
berce da miña estirpe,
Galicia, doce mágoa das Españas,
deitada rente ó mar, ise camiño...


Celso Emilio Ferreiro

jueves, 14 de mayo de 2009

Un pasiño máis

"(...) Pocos meses después de su nacimiento el bebé comienza a alzar su cabeza. Una vez que ha desarrollado suficientemente la musculatura para mantener la cabeza en una posición er­guida comienza a moverse a través del espacio. Primero se “arrastra“ sobre el suelo, pero pronto eleva las rodillas bajo su cuerpo, los brazos levantan a pulso el tronco y comienza a gatear. A cada paso consegui­do en el proceso del movi­miento le sigue otro nuevo. Pa­so a paso el niño se libera de la fuerza de la gravedad. La ale­gría de un niño que da solo sus primeros pasos es inolvida­ble. (...)"
Jon McAlice




Ollas cara mín. Estricaste.

Estou máis lonxe do que os teus braciños dan.

Estrícaste un pouquiño máis.

Miras a outra man que se apoia na mesa.

Outra vez a min.

Un pasiño, e a man da mesa xa se soltou.

Outro pasiño e xa estás máis preto.

Outro

Outro

Outro

Miras o chan, estás camiñando!

Abrazasme.

miércoles, 13 de mayo de 2009

Primeiros pasos no 'patchwork' :D


Aquí está o meu primeiro encontro co 'patchwork'. Levaba anos querendo aprender, e por fin 'decidinme'.

Recordo que cando tiña 16 ou 17 anos, con dúas amigas máis, mercamos uns anacos de tecido cos que nunca chegamos a facer nada.

O ano pasado, embarazada de Manuel re-atopeino e comencei a coselos sen demasiado éxito.

E este, conectada na internet non hai quen o pare, hehehe

A semana pasada, que estiven uns días pola casa, pasei por Quiltartpatch e merquei toooodo o preciso para comenzar. Entre Tere e Neus axudaronme a escoller os tecidos. E recomendaronme para este SAL, xa que eu farei os meus traballos a man, que en lugar de utilizar o papel vexetal, que utilizara unha entretela finiña, e así fixen.

Gustoume moito facelo, e sobre todo, empezar ó fin! Os meus primeiros bloques!!

martes, 12 de mayo de 2009

Proxecto: volta ó mundo


Un soño recurrente de tantos que algúns valentes conseguen levar a cabo. Eu non deixo de soñalo, imaxinalo, proxectalo... E algún día espero cumplir. Non encontro mellor herencia nin recordo para deixarlles os nosos fillos.

Agora deixar que a idea recorra todalas células do corpo e facer as maletas ;)

domingo, 10 de mayo de 2009

No potro

Onte en Coimbra había una feira de Artesanía, e alí nos metemos. Quedei alucinada con varias pezas de cerámica de obradoiros diferentes...



Estamos sometidas ó potro e á dirección do xinecólogo ata na cerámica, e o papel da matrona relegado a 'axudante'. Queda tanto por mudar...