lunes, 22 de marzo de 2010

Os regalos de papá



O papá de M ten dous días seguidos para el. O día do pai, e o aniversario.

M puxo as pegadas das mans nun cadro, feito nas caixas de cereais (collendo a idea de meninheira).
Como nota curiosa, unha amiguiña fíxolle mesmo regalo ó pai, coas mans das mesmas cores e mesma posición. Alucinante!

Eu estreeime coas agullas circulares e fíxenlle un gorro. O patrón saqueino de aquí, descuberto a través de Ravelry. Unha páxina onde pasar horas e horas buscando cousas bonitas para facer. E claro, mentres buscas, non fas...

viernes, 19 de marzo de 2010

Derradeira terra de Bardos

Fomos en busca da tumba de Merlín, das lendas do Rei Arturo e a táboa redonda. Na busca do derradeiro Bardo. De fadas. De lendas...

E descubrimos o peregrino que temos con nos. Cando o camiño estaba seco e liso, pedía colo. Cando había charcos e lama, non había quen de subilo ó lombo.




Estivemos no Val sen retorno. Pero M non quixo seguir. Facía moito frío, e "dixo" que non saia do coche. E foi papá só na procura da árbore de ouro.

Val sen retorno. Bosque de Brocealiande. Paimpont





Xardin Aux Moines


Edito a petición de meninheira. A verdade é que si que fun bastante cutre coas explicacións...

Todo isto, e moito mais que non dimos visto está no interior da Bretaña, no bosque de Brocealiande. Recordoume moito ós bosques galegos, cos seus carballos, a humidade, as cores, os cheiros... Aquí é onde se sitúan as lendas de Merlín, do rei Arturo, de Morgana...

A foto da árbore dourada, non podo dicir moito do sitio, M mais eu quedamos no coche, porque facía moitísimo frío. Foi J só. El conta que era unha árbore dourada en medio de outras queimadas. E polo chan esas pedras que se ven. Ata chegar alí, un paseo moi bonito, con fervenzas.

O Xardín Aux Moines, é un monumento funerario cunha chea de menhires. Chegamos ó solpor, e a luz era xenial! Dáballe máis misterio o asunto.

Non foi a mellor excursión dende que estivemos aquí, precisamente. Pensamos que alí habería máis información. Pero non. Todo está separado, para ver cada cousa tes que coller o coche, e unha vez na zona, dar unha boa camiñata.
E mira que son raros... Chegamos ó pobo "máis turístico" da zona á 13'30. Había 4 restaurantes. E nin un só nos dou de comer. Xa pecharan as cociñas! Nin sequera nos facían uns bocatas! Tivemos que dar marcha atrás e ir a un macdonads.... Aquí, ou levas a comida da casa, ou vas a franquicias... Xa desistimos de comer ben por aquí! A ver se ven o bo tempo para levar as tortillas e ó campo!


sábado, 6 de marzo de 2010

Embarazo en Francia



Queixabame en Coruña do intervencionismo dos Xinecólogos, e resulta que en Francia están peor. A ecografía dou todo "tre bien". Pero xa quería meter a man. Para qué? preguntei eu. Para saber cómo está o cuello do útero. O meu cuello está "tre bien" tamén. Non traballe tanto e meta as mans nos petos. Con un "alá tí coas túas consecuencias" marchamos, non sin antes advertirme de que para a próxima non me libraba. O cuello é meu, e non o mide ninguén!

Todo isto para asustarnos con posibles partos prematuros... Por se dilatamos e nos teñen que dar repouso... Por si, por si, por si... Nin que con M fora tan fácil o do repouso! E nin que dilatara sen enterarme! Oxalá! Pero non, estou segura que me hei de enterar...

Teñen ganas de medilo todo, controlalo, todo baixo control. Somos unha bomba de reloxería a punto de estoupar.
En ningún lado nos tratan como mulleres cheas de vida e de saúde, que só precisamos acompañamento, sostén. Tan sinxelo. Tan complicado...

O que si me gustou é o informe ecográfico, moi detallado e cunha chea de fotos en calidade fotográfica, nada de en papel cutre de impresora. A nosa nena, porque é una NENA, ten un perfil ben bonitiño. Xa o dixo o doutor, é unha nena e moi guapa (algo saben os franceses estes, hehehe).





XX recibiu o seu primeiro regalo. Foi de L. a nosa amiga asturiana de paso en Francia, igualiñas circunstancias cas nosas. Feito por ela, pensando en ti. Grazas! :)

E eu fixen o meu/teu/noso primeiro kimono. O primeiro proxecto 'en serio' de costura, para saír con el á rúa. Ten mil erros, como mil puntadas cheas de cariño. Pensando en ti.




O patrón do kimono está aquí.

jueves, 4 de marzo de 2010

20 meses xuntos

20 meses xuntos e cambia de cor.
20 meses xuntos e non recordo a vida sen ti.


Empezaría así Picasso? Miguel Anxo? Da igual, el ponlle tantas ganas...





E fixemos un pastel de chocolate e laranxa, copiado do blog "La cocina de la lechuza". Riquísimo!

O blog non me carga, e non gardei a receita. Espero que volva a cargar nalgún momento. Hai que repetilo!

lunes, 1 de marzo de 2010

O proxecto de Marzo

Foto: Cordon Bleu: Polo criado en liberdade. Xamón ecolóxico. Ovos do rebozado, ecolóxicos. O queixo tamén.




A conseguir: Comer carne unha vez á semana, e sempre de produción sostible. Animais criados en liberdade e alimentación libre de OGM.

Conseguido. Aquí é moi sinxelo conseguir produtos en biolóxico. Para tódalas cousas, tes opcións. Ata para o touciño! Fixemos unha pizza con 'bacon' sostible!
Os ovos xa dende fai moito tempo que os consumimos ecolóxicos ou criados en liberdade. O leite tamén, a pouca mantequilla que usamos, os iogures...

Non seguimos fielmente o tema nos queixos, xa que non hai demasiada variedade. Algúns conseguímolos, outros non.

O que non vexo factible de seguir isto cando marchemos de Francia. Según a onde nos manden, claro! Pero en España non é moi doado.

... ... ...
Proxecto Marzo: Facer xabrón co aceite usado.

Ata agora, o xuntábamos nunha botella e despois ía para o lixo. A única vez que tentara facer xabrón, o desastre fora monumental. Miraremos ben manuais, blogs, receitas... E a ver que sae disto!

Tiralo no lixo non é das peores opcións, según din. Mellor iso que tiralo polo vertedeiro.

1 litro de aceite contamina 1.000 de auga: Máis datos en Clarín.