martes, 18 de mayo de 2010

Vai de vestidos

Como di o anuncio, "Facer unha cousa coas túas propias mans non ten prezo, para todo o demais..."

Así como no embarazo de M non se me acordou para nada tecer, nin coser... Nin facer nada polas miñas propias mans, neste, todo o contrario.

Aínda ben non sabía que era unha nena, xa estaba rematando o kimono. Mercando las, e buscando patróns.
Nunca fixera algo máis complicado que unha manta ou unhas bufandas. Todo de seguido, sen aumentar nin disminuir. Todo por igual. Así que despois de explicacións por mail, por teléfono, vídeos no youtube e prácticas varias, lanceime co primeiro vestido.


vestido 01

O reto para este verán vai ser aprender puntos novos, para a roupiña de inverno. O punto 'jersey', o 'elástico', o 'bobo' e o punto de arroz xa están dominados.

vestido 02

Xa temos no noso poder máis las, das que non hai fotos... Pero podo asegurar que son fermosísimas! Que cores! Que suavidade! Puro algodón! Puro bambú! Puro cashmere! Ooohhh, que bonitiños han de estar os meus pequenos coas labores feitas por nos.

Pensando en vos...

martes, 11 de mayo de 2010

Crafts para la esperanza!

crafthope 03

No sé cuando descubrí Craft Hope, pero sí sé cual fue el empujón. Fue Sylvia, que a través de su blog hizo un llamamiento y nos apuntamos Lorena y yo.

crafthope 04

Como dice el lema de Craft Hope, "Spreading seeds of hope one stitch at a time", esparciendo semillas de esperanza una puntada tras otra. Me sentí muy bien cosiendo cada bolsita. Pintando cada número. Engarzando cada bola. Luego M jugó con ellas. Un cachino de nosotr@s está ahora camino de USA para que pronto lleguen a su destino.

crafthope 01

El destino de este Craft Hope eran los orfanatos de Liberia. El proyecto consistía en hacer Sets Didácticos, para que aprendieran las letras, los números, colores, formas... Nosotras por cuestión de tiempo, empezamos por los números. A mí lo de poner sólo el número me parecía poco manipulable. Entonces por el reverso le pintamos tantos lunares, y le atamos un lacito con cuentas de colores.

Con casi todo terminado, a punto estuvimos de no poder enviarlos. El día D se acercaba y no encontrabamos relleno. La gravilla pesaba demasiado. No había bolitas de plástico por ningún sitio... Nada parecía adecuado. Y ya el último día, en la última tienda, encontramos unas bolitas de polyestireno. Que no pesan nada. Dan textura y volumen (y a precio razonable!!).

crafthope 05

Ya que nos estamos cargando el mundo a pasos de gigante, al menos una pequeña semilla de esperanza que quede en el camino. Ojalá los niños de Liberia perciban un poquito de nuestro cariño a través de las puntadas.
L, M y D.



(El proyecto nos gustó tanto, y M se lo pasó tan bien jugando con las bolsitas, que pronto lo repetiremos para nosotros!)

viernes, 7 de mayo de 2010

Canastilla para XX

Na nosa terra, din que "habelas hai-las"...

Moito antes de que ningún médico me puidera dicir si M era XX ou XY eu xa sabía que era un neno. O día do meu aniversario, alá no 2008 dixéronme que era XY, e non foi sorpresa ningunha. Non para min.

Neste embarazo ocorreu o mesmo. Soñei con 'ela' e coa miña avoa. Esa mañá díxenlle a J que era unha nena. E esa tarde fun mercar tecido para facer un vestido. Uns días máis tarde fomos de excursión a Nantes, a "La Droguerie" a mercar unhas las.

Tamén descubrín "Ravelry" e empezou a perdición.

E é que a rede ten cousas marabillosas. E unha de elas é atoparse con boa xente. Adijirja é unha de esas boas xentes. Mostrounos las máis aló de phildar e compañía. Descubriunos a Droguerie, que por cousas do destino quédanos moi preto de este destino, nunca mellor dito. E facemos intercambio de patróns por trapicheo de "apagas", "fleur de cotton" ou "kaleido".


faldon
Miña nai, antes de saber que XX era XX, dixo que ela ía facer un vestido. E que si despois era un neno, pois xa llo regalariamos a algunha futura mamá, que esta tempada temos un lote de embarazadas pola volta. Pero non fai falta, a nosa XX vaino lucir como ninguén!
{Patrón: persoal / La: ¿?}


chaqueta verde
E a chaqueta verde, elección miña. Máis "unisex" por se os presentimentos non eran certos... E hoxe por fin podo mostrar as fotos! (que traballiño nos custou, verdade? hehehe)
{Patrón: Oneskin / La: Kaleido, de La Droguerie}

Teño ganas de velos en persoa e tocalos.

E mañá nova excursión a por máis cargamento de las, que andan as mans moi paradas. (!!!)

Para facer máis cousas pensando en ti...