lunes, 9 de noviembre de 2009

Na Bretaña

Quero comezar cun titular da Voz de Galicia que me parece fermosísimo. Non sei se a palabra é 'fermoso', pero encantoume:

Con só 16 años, unha indíxena mexicana atendeu 40 partos no seu pobo


E agora vou dar unha pouca envexa cunhas fotos das últimas excursións pola Bretaña, tan inmensa, tan sorprendente, tan verde... Recórdame tanto a Galiza, e penso todo o que poderíamos mellorar; ou mellor dito, canto poderíamos deixar de esnaquizar a nosa terra por culpa das estradas e do ladrillo, da especulación, do porco diñeiro...







ENCANTAME como saben disfrutar dos dias de outono na praia. En canto sae un raio de sol, collen os trueiros, as botas de goma, un caldeiro e a coller ostras e ameixas. A xogar coa area.

















As xogueterías artesáns de xoguetes de madeira e lata. Con eses carteis tan chusquiños. Brincos como deberían de ser todos. Artesáns, conscientes, educativos... Sen plásticos estridentes, luces e sons aborrecibles.

Mesmo parece o taller de Gepetto...






Deixovos nun lugar.... Non teño adxetivos, poñedeos vos...






Deica mañá!


P.D.: Estas fotos están feitas en Rochefort en Terre. (agás a da praia, que é Pornichet)

8 comentarios:

Ali dijo...

uy no entiendo casi nada pero q bellas las fotos!!! muaaaa

Meninheira dijo...

Que sitio tan precioso! así tamén emigraba eu!! :D Cómo se fai para iso?

bicosssssssss

bailadora dijo...

Hola Ali,tengo pendiente poner un traductor del blog, un beso!

Meninheira, para emigrar só hai que ter moitas ganas de andar con tanto lote no lombo, é agotador, jejeje

bicos!

Meninheira dijo...

Pois estasme tentando... que tal o traballo por esas terras? teño moitas ganas de viver unha temporadiña en Francia, aprender francés... esas cousas, e o home está medio convencido, así que conta, conta :)

bailadora dijo...

Pois non teño nin idea, porque nos vimos con empreesa española. Andamos no tema do montaxe (electricidade) e hoxe aquí, mañán alí... En portugal 8 meses, e aquí non sabemos se 3 ou 6... vamos... "al devenir"...

Vir a aventura, non sei, pero podoche preguntar ;)

Peor que en por alí non creo que anden as cousas!

;)

Meninheira dijo...

pois pregúntame, fai favor, que aquí as cousas estanse a pór ben feas :(

celine dijo...

Hola, soy de Bretaña!

Besos muy fuerte! me encanta tu blog! Gracias por tener Montessorihoy presente en el tuyo!

Céline Hameury

bailadora dijo...

Hola Celine, gracias por pasarte!
Menuda tierra bonita la tuya, la estamos disfrutando mucho

besos