Xa comezou decembro. As luces brillan nas rúas e os escaparates locen as súas mellores galas.
Nos volvemos a facer as maletas:
¡¡marchamos para o Mediterráneo!! Cun pé aquí e outro alí; cos trastos polo medio, e un rebumbio que tolea a calquera vou poñer un pouco de orde nisto do Nadal.
Nadal tan diferente a tódolos anteriores:
É o primeiro que somos 4. O primeiro no que M "entende" o que pasa e énchese de ilusión. O primeiro que pasaremos lonxe da terra e da nosa xente. Pero así e todo estou moi ilusionada, como cando era pequena. Os cativos teñen ese regalo para nos, devolvernos as alegrías e facer desaparecer as penas.
*
(Máis e mellores fotos na próxima entrada ;))
* Facer galletas de xenxibre, como estas que atopei aquí.
* Enfeitar a arbore, e facer algúns enfeites nos mesmos.
* Recuperar receitas antigas. Facernos con outras novas.
* Este ano, o Roscón de Reis amasarémolo nos.
*.... (Continuará)
¡FELIZ MES DE DECEMBRO!
Claro que sí.... da igual donde estéis... Seguro que lograrás hacer de las navidades unas fiestas especiales para los peques!!!
ResponderEliminarYo también quiero ponerme el delantal en la cocina... A ver si me dejan!!!!
Por cierto... espero impaciente tu nuevo número... ;)