sábado, 10 de abril de 2010

As cousas verdes que facemos xuntos

Xa case entramos na metade do mes para o proxecto mensual, pero o conto é chegar. Tamén tardamos en decidirnos sobre que facer esta vez.





O do mes pasado aínda está en espera, xa que non gastamos moito aceite, e aínda non xuntamos suficiente para poñernos a facer xabrón. Pero xa falta pouco!

Este mes decidimos usar menos panos de papel e pasarnos ós de tea. Non sei se o 100% pero reducir ó máximo o consumo.
Ademais de todo, aquí é practicamente imposible atopar panos de papel nos comercios, e os que hai son carísimos. Aquí non hai moita moda de usalos de papel. Unha sorte!

Merquei un anaco de algodón, e xa está cortado á espera de ser rematado. Como non temos máquina de coser, hai que ir xuntando o tempo das sestas.

Entre as cousas verdes que facemos:

cousas verdes que facemos xuntos
Separamos o lixo. M xa sabe en que contedor vai o vidro e en cal o papel. Gústalle o ruído que fan as botellas cando caen.


cousas verdes que facemos xuntos
Cando imos ó mercado levamos a caixa dos ovos para que a enchan de novo. Así como as bolsas de papel para que volvan a poñer a froita.


mercado de Pornichet

mercado de Pornichet

mercado de Pornichet
Intentamos que tódalas froitas e verduras sexan en ecolóxico, de tempada e o máis local posible. A verdade é que o noso mercado é unha chulada!


Usamos cueiros de pano dende que M naciu. E agora, cando chegue a pequena será cando se note realmente a inversión.

E seguimos coa lactación. Con tódolos beneficios ecolóxicos, económicos, de saúde... E sobre todo de vínculo que nos aporta. Imos camiño do tándem...

E vos?

Bicos

3 comentarios:

Anisor dijo...

Leite cru :-D
Aqui é case imposible atopar leite fresco ecolóxico. O máis parecido son unhas billas que teñen no mercado: vas coa túa botella, e rechéala na máquina expendedora como quen bota unha caña. Pero é leite pasteurizado (sabe mellor que a uperizada, pero segue sen ser leite cru), e ecolóxica xa é moito pedir. Polo menos son productores locais...
Que bonitas son as fotos do mercado. Disfrutádeos moito!

Adijirja dijo...

Me gusta el nuevo look de la pagina!!!! y las fotos de los mercados... ains, que envidia de mercados!!!!
Aqui la venta de productos ecologicos está empezando y lo que hay es muy muy muy caro en comparación con los productos "normales". Y bueno, los lácteos es todavía peor... con decir que la leche ecológica viene de Galicia...!!! :))
Yo no estoy en el grupo, pero me he empeñado en no usar kleenex y pasarme a los pañuelos de tela. Tampoco usamos toallitas de bebé de esas para limpiar el culete, sino que tenemos toallitas pequeñas de felpa que mojadas con agua y jabón, son estupendas limpiamos las cacas.
Algo es algo, no? :)

bailadora dijo...

Aquí como todo está caro... :P
Gracias a las dos por pasaros.

Lo de la "lait cru", la veo cada día, pero no me animo a probarla... ais... Bueno, igual mañana y os cuento, aunq sea un litrito na más! jejeje

besos a las dos

Por cierto anisor, nunca había visto lo de ir con la botella de leche! Qué guay!