jueves, 11 de febrero de 2010

Proxecto: UN PEQUENO CAMBIO



Nos tamén queremos unirnos á proposta dos Tartarouchos. Tamén queremos aportar o noso pouquiño de area.

Imos empezar pola comida, xa que como din: 'somos o que comemos'.

Controlaremos a carne que comemos. Non máis de unha vez á semana, e incluso menos.

Toda a carne que veña de granxas onde os animais sexan criados en liberdade, o máis ecoloxica e sostiblemente posible.
Así como os ovos e o leite (isto último xa o facíamos dende fai moito) e tódolos seus derivados.

Máis a longo prazo será eliminar os cárnicos de todo e para sempre.

En canto ó peixe, non consumir os que son criados nas piscifactorías, con pesticidas, antibióticos, pensos con OGM... Das gambas xa nos afastamos no Nadal.

Seguiremos informando ;)

1 comentario:

Os Tartarouchos dijo...

Grazas pola participación! E ánimo cos cambios, eu ese téñoo pendente...

Estamos preparando unha colaboración especial para resolver dúbidas, así que se tendes podedes deixalas nos comentarios da nosa entrada no blogue.
http://tartarouchos.blogspot.com/2010/02/un-pequeno-cambio-en-febreiro.html