viernes, 19 de marzo de 2010

Derradeira terra de Bardos

Fomos en busca da tumba de Merlín, das lendas do Rei Arturo e a táboa redonda. Na busca do derradeiro Bardo. De fadas. De lendas...

E descubrimos o peregrino que temos con nos. Cando o camiño estaba seco e liso, pedía colo. Cando había charcos e lama, non había quen de subilo ó lombo.




Estivemos no Val sen retorno. Pero M non quixo seguir. Facía moito frío, e "dixo" que non saia do coche. E foi papá só na procura da árbore de ouro.

Val sen retorno. Bosque de Brocealiande. Paimpont





Xardin Aux Moines


Edito a petición de meninheira. A verdade é que si que fun bastante cutre coas explicacións...

Todo isto, e moito mais que non dimos visto está no interior da Bretaña, no bosque de Brocealiande. Recordoume moito ós bosques galegos, cos seus carballos, a humidade, as cores, os cheiros... Aquí é onde se sitúan as lendas de Merlín, do rei Arturo, de Morgana...

A foto da árbore dourada, non podo dicir moito do sitio, M mais eu quedamos no coche, porque facía moitísimo frío. Foi J só. El conta que era unha árbore dourada en medio de outras queimadas. E polo chan esas pedras que se ven. Ata chegar alí, un paseo moi bonito, con fervenzas.

O Xardín Aux Moines, é un monumento funerario cunha chea de menhires. Chegamos ó solpor, e a luz era xenial! Dáballe máis misterio o asunto.

Non foi a mellor excursión dende que estivemos aquí, precisamente. Pensamos que alí habería máis información. Pero non. Todo está separado, para ver cada cousa tes que coller o coche, e unha vez na zona, dar unha boa camiñata.
E mira que son raros... Chegamos ó pobo "máis turístico" da zona á 13'30. Había 4 restaurantes. E nin un só nos dou de comer. Xa pecharan as cociñas! Nin sequera nos facían uns bocatas! Tivemos que dar marcha atrás e ir a un macdonads.... Aquí, ou levas a comida da casa, ou vas a franquicias... Xa desistimos de comer ben por aquí! A ver se ven o bo tempo para levar as tortillas e ó campo!


4 comentarios:

♥ meninheira ♥ dijo...

Qué paraxe tan máxico, tan extrano, tan bonito!!

Que é o que hai baixo a árbore? son pedras verdade? é natural? conta nena e o mesmo do Xardín ese. Conta todo!! :D

metote agora no post, graciñas por participar :*

(por certo, que aínda que esteades fora sodes da terra, queres que che meta en Educar na casa -no meu blogue hai un banner, pincha nel-? e que non sei por que nunca cho preguntei antes)

biquiñossssss

bailadora dijo...

Editado e ampliado ;)

(podesme poñer onde tí creas. Pero non sei se o noso é educación ou qué...hehehe :oP )

biquiños, rula!

♥ meninheira ♥ dijo...

Pois que raro non? a que hora comen alá entón?
O sitio encántame :D

bailadora dijo...

Pois aló, ousexa aquí, ás 12 xa están sentados na mesa. Os domingos tamén!

E os sitios son unha chulada, ademais, todo tan ben cuidadiño... ;)