viernes, 7 de mayo de 2010

Canastilla para XX

Na nosa terra, din que "habelas hai-las"...

Moito antes de que ningún médico me puidera dicir si M era XX ou XY eu xa sabía que era un neno. O día do meu aniversario, alá no 2008 dixéronme que era XY, e non foi sorpresa ningunha. Non para min.

Neste embarazo ocorreu o mesmo. Soñei con 'ela' e coa miña avoa. Esa mañá díxenlle a J que era unha nena. E esa tarde fun mercar tecido para facer un vestido. Uns días máis tarde fomos de excursión a Nantes, a "La Droguerie" a mercar unhas las.

Tamén descubrín "Ravelry" e empezou a perdición.

E é que a rede ten cousas marabillosas. E unha de elas é atoparse con boa xente. Adijirja é unha de esas boas xentes. Mostrounos las máis aló de phildar e compañía. Descubriunos a Droguerie, que por cousas do destino quédanos moi preto de este destino, nunca mellor dito. E facemos intercambio de patróns por trapicheo de "apagas", "fleur de cotton" ou "kaleido".


faldon
Miña nai, antes de saber que XX era XX, dixo que ela ía facer un vestido. E que si despois era un neno, pois xa llo regalariamos a algunha futura mamá, que esta tempada temos un lote de embarazadas pola volta. Pero non fai falta, a nosa XX vaino lucir como ninguén!
{Patrón: persoal / La: ¿?}


chaqueta verde
E a chaqueta verde, elección miña. Máis "unisex" por se os presentimentos non eran certos... E hoxe por fin podo mostrar as fotos! (que traballiño nos custou, verdade? hehehe)
{Patrón: Oneskin / La: Kaleido, de La Droguerie}

Teño ganas de velos en persoa e tocalos.

E mañá nova excursión a por máis cargamento de las, que andan as mans moi paradas. (!!!)

Para facer máis cousas pensando en ti...

4 comentarios:

♥ meninheira ♥ dijo...

a chaquetiña verde é dun amorosooooooooo

bailadora dijo...

Ten moi boa pinta! A ver se a vemos prontiño :)

♥ meninheira ♥ dijo...

meninha, íache dar de alta en Educar na casa e non atopo o teu email, mándamo anda :)

bicossssssss

Adijirja dijo...

Ains... que con todo el trajín de los abuelos no había tenido oportunidad de ver este email!!!!!! Gracias por los cumplidos... Pero es fácil ser buena gente con gente que también lo es ;)
Además, la suerte la he tenido yo que me has servido de enlace con el paraiso lanero de LaDroguerie...
La chaqueta ha quedado perfecta!!!
Y ese vestidito es un dulce... XX va a estar como una muñeca metida ahí dentro!!!!!
Estooo... y lamento profundamente ser el origen de tu nueva adicción, pero bueno... ten en cuenta que siempre habrá cosas peores que las lanas y Ravelry... no???? :))))