XX e mais eu. Xuntas. Tan xuntas que é imposible separase.
E á vez tan independentes. Facendo cada unha o seu traballo. Que difícil poñerlle verbas a todo isto...
Se ti sentiras o que eu sentín.
Se ti viviras o que eu vivín.
Se ti escoitaras o que eu escoitei.
Se ti partillaras o que nos partillamos....
Que fácil sería respetar ós nenos.
O seu nacemento. O noso parto. A súa infancia.
As súas necesidades.
Se ti viviras o que eu vivín.
Se ti escoitaras o que eu escoitei.
Se ti partillaras o que nos partillamos....
Que fácil sería respetar ós nenos.
O seu nacemento. O noso parto. A súa infancia.
As súas necesidades.
Temos que empezar a crer que SI é importante como chegamos ó mundo.
Algo máis en min cambiou esta fin de semana. A súa intensidade non podería deixar indiferente a ninguén. Compartilo con 'vos' foi un privilexio. Unha honra.
E GRACIAS Ángeles, porque estás a cambiar o mundo.
Todos deberían de facelo en algún momento da súa vida. Sobre todo antes de traer nenos a este mundo. Aforrariámoslle tanta dor...
Eu sei que o repetirei.
Para cambiar o mundo
hai que cambiar a forma de nacer
1 comentario:
Ains... que ganitas de que me lo cuentes todo detenidamente... tiene que haber sido increible!!!
Y, por supuesto, que estoy contigo: hay que darle mucha mas importancia a la forma de llegar a este mundo.
Publicar un comentario