domingo, 28 de febrero de 2010
20 Semanas
Chegamos á metade do embarazo. Nin nos decatamos. É ben certo que non volves a vivir un como o primeiro. E o meu foi do máis relaxante. Tardes de sofá, paseos ó solpor, uns largos na piscina... Se non foran polas náuseas que chegaron ata case o final, serían unhas marabillosas vacacións á costa da empresa...
Menos mal que neste segundo embarazo as náuseas foron soportables. Porque aínda que a nosa vida é máis ben tirando a pasiva, non paramos. M precisa de colo, seguimos coa lactancia, ata o 3º mes practicamente exclusiva. Agora é el quen peor leva o embarazo. Dende fai case 2 meses a produción de leite baixou dramaticamente, xa que os peitos estanse a preparar para o que lles ven.
Nos tamén o notamos no frigo. Que maneira de comer! M. xa non é un bebé que pica aquí e alí. Xa defende o seu prato como o que mais. Da gusto velo comer, e como se fai entender. Sabe pedir plátano, tortilla, pizza e chocolate. O iogur xa o colle el.
Fai unhas 4 semanas que noto moverse ó bebé. O primeiro como ás de bolboreta, agora patadiñas pequenas. Aínda ten bastante espazo para brincar, e hai días en que ata a noite que me deito na cama non noto nin unha. Pero sempre hai polo menos unha que diga: "mamá, sigo por aquí, durme tranquila". E podo durmir tranquila.
Mañá temos a ecografía do 2º trimestre. En francés. Menos mal que levamos a unha amiga para que nos faga de intérprete. Porque podíanos dicir que ten 4 mans, que nos habíamos de sorrir igual que se nos dixera que está perfect@. Mañá é o primeiro encontro co xine que me vai levar. A ver que tan "intervencionista" é. Ata onde quere meter as mans... Menos mal que aquí podes cambiar de Dr...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
6 comentarios:
Pero que barriguita más linda!!!!!! Aunque a ver si se nos constipa la criatura, con el frío que debe estar haciendo donde te hiciste la foto...!!! :)
Espero que mañana vaya todo bien. Ya me contarás qué tal es ese gine y si la nena (jejeje) tiene todos sus deditos.
Un abrazo para los 4,
Pois xa contarás cantos veñen, nenos, non dedos hahahaha
Todo 'tre bien'!
Cris, ya no hace tanto frío, ya tenemos por lo menos 8 grados en positivo... jejejeje
Meni, solo ven unhA ;)
Pero salín espantada da consulta. É boa verdade esa que 'outros virán, que bo me farán'... Os doutores de aquí merecen unha entrada para eles en exclusiva... Tremendo! Case mellor volto para Spain... :S
Biquiños para as dúas! :)
alaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaa
Ohhhhh! Pois eu tiña esperanza de que deras cun Michel Odent... cachis!
Meni, ese "alaaaaaa" é pola nena ou polo doutor?
Sí tartaroucha, eu tamén tiña esperanzas... Pero... tiemblo só de pensalo!
Publicar un comentario