domingo, 14 de febrero de 2010
Luz de Suscinio e 'madelaines'
Comezamos o día dos namorados facendo 'madeleines', dunha receita que lle copiei a Bea. Quedara o amoado toda a noite a repousar, levantámonos e mentres o café fervía, o forno facía o seu traballo. Creo que imos instaurar unha costume nesta casa a partir de hoxe. Comezar os domingos co arrecendo do café e da repostería ben feita.
A roupa tendida fora estaba tesa, conxelada, acartonada por culpa das temperaturas baixo cero. O sol lucía espectacular. As mans conxelabanse mentres facíamos as fotos das 'madelaines'.
Que facemos hoxe? Saímos e conxelámonos e disfrutamos deste sol? Ou quedamos á caloriña da electricidade e coa costura?
E saimos a namorarnos da luz de Suscinio...
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Y esa xanela tan bonita é na casa? :)
O post quedouche ben bonito e que é iso do suscinio? nunca tal escoitara.
bicossssss
Se esa fora a xanela da miña casa, nunca mais marchaba de aquí... ;)
Non, é a xanela de Suscinio, un castelo da Bretaña
http://sagemorw.alias.domicile.fr/suscinio/index.php3
Alegrome que che gustara o post
moitos bicos!
Mira tí o que era o Suscinio!! :)
encantame o blog ,emocioname ver mamas con este entusiasmo , unha aperta ben forte deste terras luguesas¡(Carolina)por certo vaia pintaza que teñen estas "madelaines" ;P
Pois eu ía preguntar tamén :)
Case arrecende aquí, sería un bo costume, mmmmmmmmm
Mmmm... que delicia!!! desayunar magdalenas recién hechas!!! Eso enamora a cualquiera!!
Y yo que pensaba que "Suscinio" era una palabreja gallega... :)))
Por cierto, me gusta la foto. Qué lindo se ve a Manuel!!!
Moitas grazas ás 3. A verdade é que estaban deliciosas. Animadevos a facelas, que vale a pena
bicos :)
Publicar un comentario