lunes, 5 de abril de 2010
Na nosa praia
Foi de barcos.
E aquí, ó pé da praia non deixamos de xogar con eles, e en eles.
Coas lanchas que hai na beira. Coas boias. Cos restos que o mar deixa na area. Cos tesouros que atopamos.
Quen precisa de xoguetes con tantos tesouros?
Mirando as fotos, parece que leváramos unhas semanas con bo tempo!
E apenas foron uns días con sol. Aínda que xa se nota a primavera na rúa. Xa florecen os xardíns!
E a nosa Vila, Pornichet, premiada con 4 flores por vila florida. Como se dun Hotel de luxo se tratara, está do mais fermosa!
Pero de iso falaremos outro día.
Despois de este día, os zapatos quedaron para a xubilación. Pero e que as botas de goma non é quen de aturalas! Así que as botas da praia agora son as botas do inverno.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
qué "deportivo" todo, contrasta cos nosos tan "pesqueiros" non? :D
graciñas por participar :)
biquiñossssss
ai, sí, aquí o conto é de recreo, nada de traballar, hehehehe
biquiños! :)
Publicar un comentario