Cando chegamos a Pornichet, na Bretaña Francesa, xa estábamos no outono.
Aínda así, a vila gustounos moito. Pola súa arquitectura, polo mar, pola tranquilidade, polo seu mercado...
Pero agora, tan florida, dan ganas de non ir para a casa e quedar paseando polos parques, cheos de flores. Silvestres e plantadas.
Aquí premian ás vilas segundo o floridas que sexan. Esta é de máxima categoría. Hai carteis por tódolos camiños pedindo que respetes as flores, que están para o gozo de todos. E tanto os xardíns privados como os públicos están cheos de cor, e cheira tan ben...
E cando non imos xogar na area, imos buscar paus, xoaniñas, pedras e tódolos tesouros dos xardíns...
2 comentarios:
que fotos mas chulas!!!! La verdad es que debe ser una gozada eso de poder apreciar en toda su profundidad las estaciones...
Me gusta la de M...
:)
al menos salimos del estado de congelación permanente en el que estabamos!
Un beso, guapa!
Publicar un comentario